CALEXO en adopción!
É un dos canciños que xunto a Cosmo e Wanda levaban días abandonados polo centro de Ponteareas correndo grave risco de atropelo, os outros escaparon pero el deixouse coller e está no refuxio. Alí unha vez pasado o medo inicial demostrou ser un canciño marabilloso, moi sumiso, bo e cariñoso, estamos adaptándoo ó resto de animais do refuxio pero o ideal para el sería atopar unha boa familia á que adaptarse.
Queres vir a coñecelo? É un amorzote, non te arrepentirás!
Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Clica aquí para más información .