Riki é un macho de tamaño pequeno (como vedes non moito máis grande ca un gato) o que a súa familia deixou tirado na rúa cando se mudaron de casa. Por sorte apareceu un fogar de acollida onde Riki está sendo coidado e mimado como merece, pero necesita atopar unha familia definitiva onde ser feliz para sempre!
É un pequerrecho sociable, moi fermoso, agarimoso e tranquilo. Se queres adoptalo, ponte en contacto con nós no 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)
Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Clica aquí para más información .