Sarela, perro adoptado

Sarela

Sarela

  • Estado: Sarela está adoptado
  • Especie: Perro
  • Sexo: Hembra
  • Edad: Adulto (4 años y 7 meses)
  • Tamaño: Pequeño
  • Raza:
  • Lugar: As neves (Pontevedra)
  • Sarela foi recollida fai unhas semanas despois de ser maltratada por algúnxs veciñ@s da zona pola que se atopaba. Non precisamos saber moito do seu pasado para saber que tivo unha vida difícil, maltratada pola vida e maltratada pola xente. Mendigaba comida, e inda para máis, era tratada coma unha alimaña, roubaba ovos para comer e poder dar de mamar o seu único bebé... Tivo unha vida moi dura e triste, só se coñeces a palabra empatía, e a comprendes podes achegarte algo, un chisco o que unha cadeliña así pode sentir. Non teñen a nosa fala pero si sentimentos coma nos e choran tamén. Que difícil debe ser sentirse, e verse, soiña nunha sociedade para a que eres invisíbel ou non importas... A nós si nos importas Sarela e buscaremos un bo fogar para ti. Estivo unhas semanas nun fogar de acollida moi, moi temporal mentres se vacinaba pero ese fogar de acollida ten moitas e con toda a súa dor de corazón non pode coidar de máis cadeliñas... por iso precisamos un fogar, unha adopción para que non teña que compartir tantas atencións e poidan AXUDALA máis.
    Sarela e o reflexo de moit@s que teñen que vivir o lado escuro da vida, a imaxe máis real do abandono.
    Non é unha cadela doada, é o que consigue a mala man do ser humano, que tremen de medo e non confíen, o único ser no que confía é o voluntario que a rescatou pero sabemos que con voluntade, paciencia e amor vai conseguir confiar dunha vez por todas.
    Se queres axudala e asumir esa responsabilidade... Sarela e nós estaremos agardando por ti...
Publicado en Bambú difunde el 27-07-2020
Razas